* Strauss-Kahn, director do FMI, alentador dunha “reforma laboral que elimine rixideces”, cobra 420.000€ netos anuais, o equivalente a 25 anos de salario dun carteiro. Defende o aumento da idade de xubilación e rebaixa das pensións, pero el terá unha de 210.000€ anuais con so dous anos de cotización.
* Os 2.000 millóns gastados na “campaña de Afganistán” darían para pagar 62.000 mestres da pública.
* Durante 2008, Francisco González, Presidente do BBVA cobrou 5.340.000 €, o equivalente a 250 anos do soldo dunha comadroa da sanidade pública.
* 17.590 millóns de euros son os beneficios dos cinco grandes da banca española. Coa redución do salario de tódolos empregados públicos do país vanse aforrar so 3.000 millóns de euros, é dicir, a sexta parte deses beneficios da banca.
* María Dolores de Cospedal, cobra 230.000 euros como político, é dicir, coma 6 oncólogos ou cardiólogos da pública.
* Os técnicos de Facenda informan que en 2005 (último ano no que o Ministerio de Economía e Facenda publicou datos) houbo 88.617 millóns de euros de fraude tributario e á Seguridade Social. Os empresarios declaran menos de 6.346 euros, é dicir, menos cos asalariados. Somos o único país onde os empresarios declaran menos cos traballadores: as SICAV (as sociedades de inversión dos ricos) tributan so ao 1%, mentres que un empregado público modesto paga un 15%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario